Grazas a Hadrián achegámonos a un
mundo fantástico, pero este non sería posible sen a intervención da súa amiga
Mónica, sen o recendo das mazás de don Xurxo, sen as intrigas de Brais e sen a
intervención doutros moitos personaxes, presentes e ausentes, e de lugares
saídos do maxín, cos que esta novela se enche de verbas e silencios.

Ao longo da triloxía mergullámonos na nosa propia historia, descubrindo a existencia dunha Fraternidade de cabaleiros medievais que agocharon un gran secreto nas catacumbas dunha igrexa medieval, San Pedro.